O Firrete organiza o trofeo de Pontedeume

La Voz FERROL

PONTEDEUME

Cedida

A proba contará coa participación de case trescentos padeeiras

12 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Preto de 300 deportistas, que teñen idades comprendidas entre os oito e dezaseis anos, tomarán parte na sexta edición do trofeo do Concello de Pontedeume para a promoción do piragüismo.

Desenvolverase mañá en augas próximas ao paseo marítimo de Pontedeume. Haberá embarcacións de K-1 e K-2, así como C-1 e C-2. Os participantes darán unha ou dúas voltas, dependendo da súa categoría, a un circuíto balizado. A distancia para os prebenjamines, benxamíns e alevíns será de 1.500 metros e para os infantís e cadetes será de 3.000. A proba terá unha gran vistosidade e seguro que será entretida para os afeccionados.