A Xunta licita a reforma e a ampliación da escola infantil de Pontedeume, por 674.000 euros

LA VOZ PONTEDEUME

PONTEDEUME

JOSÉ PARDO

O centro situado no Chalé Rosa gañará 33 prazas, ata acadar as 74

09 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Consorcio Galego de Servizos e Igualdade e Benestar sacou a concurso as obras de reforma e ampliación da escola infantil do Chalé Rosa, por un orzamento de 674.000 euros. A Xunta achega 400.000 euros (o 80 % procedentes de fondos europeos) e o Concello de Pontedeume, que se encargou da redacción e aprobación do proxecto, 274.000.

O alcalde en funcións, o socialista Bernardo Fernández, destaca que o centro gañará 33 prazas, acadando as 74. O edificio existente conectarase co novo a través dunha pérgola. O rexedor anuncia que se convocará en breve unha reunión cos pais dos usuarios da escola infantil para explicarlles os detalles da obra, «que mellorará de forma considerable as instalacións».