Terceira andaina histórico cultural á ermida de Breamo, en Pontedeume

La Voz PONTEDEUME

PONTEDEUME

ANGEL MANSO

Desenvolverase o vindeiro domingo, día 24, pero as inscricións péchanse o venres

19 mares 2019 . Actualizado ás 11:21 h.

A terceira andaina histórico cultural promovida polo Concello eumés terá lugar o día 24, con destino á ermida de Breamo. O prazo de inscrición acaba o 21, na oficina de turismo (de 11.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas), no correo oficinaturismo\pontedeume.gal ou no teléfono 981 430 270. Un guía informará os puntos de interese do itinerario.