Rescatan a dous tripulantes dunha embarcación que envorcou na costa de Pontedeume

La Voz

PONTEDEUME

CESAR TOIMIL

O suceso produciuse preto da praia de Ber

18 ene 2019 . Actualizado ás 14:26 h.

Dúas persoas foron rescatadas despois de que a embarcación na que navegaban sufrise un envorco preto da praia de Ber, en Pontedeume. Segundo informa a central de urxencias CIAE 112 Galicia, o incidente produciuse ás doce e cuarto do mediodía e os afectados precisaron asistencia sanitaria.

Outras persoas que se atopaban na zona auxiliaron aos tripulantes, no entanto, alertouse do incidente a Salvamento Marítimo, Protección Civil, Policía Local e Urxencias 061. Fuentes sanitarias indicaron que os tripulantes son dous homes, un de 35 anos R.B.G e outro de 31, I.T.G.

Unha vez rescatados, os efectivos de Protección Civil confirmaron que os dous tripulantes estaban a salvo e, aínda que o seu estado non parecía revestir gravidade, unha ambulancia asistencial trasladounos ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.