Ortigueira retira cincuenta toneladas de plásticos agrícolas

c.c. / a.ou. FERROL / LA VOZ

ORTIGUEIRA

03 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Ortigueira despexou dúas parcelas do polígono industrial da Rega, en Cuíña, a través da retirada de plásticos agrícolas.

Desde o goberno local confirman que os dous puntos estarán destinados para a recollida destes residuos, co obxectivo de facilitar a correcta xestión do lixo no municipio.

Con esta medida posta en marcha polo Concello, o alcalde do municipio, Juan Penabad Muras, pretende «seguir garantindo e mellorando as fórmulas de xestión dos residuos para dar unha mellor prestación á veciñanza e favorecer, ademais, a reciclaxe».

2.500 euros

En total, unha cantidade de cincuenta toneladas de plástico foron retirados mediante un contrato que se adxudicou por un valor de 2.500 euros (55 euros por tonelada), e que incluíu tanto a recollida deste tipo de residuos como o seu posterior transporte.

Desde o goberno municipal de Ortigueira tamén se informa aos veciños de que se dá continuidade ao servizo de recollida do plástico en cada unha das granxas do termo municipal.