Ortigueira comprará un camión do lixo cos fondos do canon eólico

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

JOSE PARDO

O Concello renovará a iluminación pública da vinda principal da vila

27 feb 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Ortigueira destinará parte dos 164.256 euros do Fondo de Compensación Ambiental deste ano á compra dun camión do lixo, a proposta de PP e Centristas. Cuesta 59.270 euros, segundo o alcalde, Juan Penabad Muras, coa adquisición de 19 colectores amarelos. O resto investirase na mellora da iluminación pública da avenida principal da vila. O plan consiste en substituír 84 puntos de luz por outros de tecnoloxía led, entre A Lagarea e A Venta, por 69.896 euros. Prevé cambiar cinco cadros de mando por outros soterrados. Cos outros 35.090 euros comprarase unha rozadora de brazo acoplable a un tractor para rozar as marxes das pistas.