Ortigueira unifica no centro social os servizos de emprego

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

JOSE PARDO

Traslada a máquina de renovación do cartón de demandante de emprego

26 feb 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A máquina de renovación do cartón de demandante de emprego, que ata agora se atopaba no Concello, trasladouse ao centro social de Ortigueira. Alí é onde se atopa o servizo de orientación laboral municipal, polo que a partir de agora quedan centralizada a atención ás persoas sen traballo.

Desde a oficina indican que a máquina permite renovar o cartón de demandante de emprego cun código PIN, con clave ou a través da pegada dixital rexistrada (método empregado pola maioría de usuarios).