Ortigueira chora a Lando, do mesón Río Sor

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

I. F.

Hai pouco máis de dous anos que A Penela despediu con dor á súa muller, Mariluz

26 oct 2022 . Actualizado ás 19:01 h.

En agosto de 2018, Ortigueira enteira chorou a Mariluz Cela Fernández, e pouco máis de dous anos despois, despide con pesadumbre ao seu marido, Orlando Fernández Ramos, que faleceu de xeito repentino o domingo, aos 64 anos. Xuntos fundaron, hai máis de 30 anos, o mesón Río Sor, lugar de encontro diario de moitos orteganos.

«Deixas un baleiro moi grande na túa familia da Penela [a rúa onde se atopa o negocio], nos teus amigos e na túa familia Río Sor», comentan nas redes sociais desde que transcendeu a noticia. Todos lembran aos seus fillos, Diego e Rocío. O martes oficiarase o enterro, na intimidade familiar.