Avaría grave nun repetidor de televisión

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

O problema afectou á instalación de Penouseira e estaba previsto que quedase resolto onte

07 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha avaría no repetidor de Retegal de Penouseira deixou sen sinal de televisión aos veciños de Ortigueira que a reciben desde este punto. A empresa constatou a gravidade do problema, que lle obrigou a desprazar varios equipos á zona para a súa reparación, segundo indican desde o Concello. Estaba previsto deixalo resolto onte.