Xestión de montes e Plan Xeral, entre as prioridades de Primeiro

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

JOSE PARDO

A formación condiciona o seu apoio aos orzamentos municipais á dotación de partidas para estes temas, a recollida de animais abandonados e a redacción de proxectos

14 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Primeiro Ortigueira condiciona o seu apoio aos orzamentos municipais á inclusión de partidas para a redacción de proxectos -«fundamental para poder executalos»-, a xestión dos montes municipais cun plan redactado por empresas especializadas -unha vez que a Xunta cancele os consorcios-, a recollida de animais abandonados e o desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Primeiro lamenta que o novo goberno non teña priorizado a elaboración do orzamento, «obcecado en aprobar soldos e dedicacións exclusivas».