Aulas de igualdade no colexio para combater a discriminación de xénero

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

I. F.

O CIM levará a cabo esta actividade, para alumnos e familias, do 14 ao 23 de outubro

12 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Centro de Información á Muller (CIM) combate a discriminación educativa na comunidade educativa do CEIP José María Lage coa actividade «Aulas de Igualdade», que se desenvolverá do 14 ao 23 de outubro. Traballarán co alumnado de Infantil e Primaria, mediante contacontos, e cos pais, para fomentar a coeducación no ámbito familiar.