Adxudicada a obra da ponte da Ortigueira, en Cariño

LA VOZ CARIÑO

ORTIGUEIRA

CEDIDA

A Deputación custea os traballos, para mellorar a seguridade viaria nun tramo perigoso para o tráfico

10 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A conta atrás para a mellora definitiva da seguridade viaria na ponte da Ortigueira, na parroquia da Pedra, empezou. A Deputación adxudicou onte as obras deste tramo da estrada DP-6121, o acceso de Cariño cara á AC-862, que soporta un elevado volume de tráfico pesado polo transporte de dunita desde a mina de Landoi ata o porto.

A estreiteza da vía e a falta de visibilidade convertérono nun punto negro, onde se produciron varios accidentes. Os traballos custarán 316.218 euros e as expropiacións, 92.959. A imposibilidade de ampliar a actual ponte, protexido por Patrimonio, obriga a construír un novo, en paralelo, sobre o río Lourido, e deixar un para cada sentido da circulación. Para iso derrubarase unha vivenda. Tamén se habilitará unha pasarela peonil para garantir a seguridade do tráfico e dos transeúntes.