Ortigueira regresa aos fogóns

a. c. ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

CEDIDA

Os talleres de cociña renováronse onte con cabaciñas recheas e torta de piña

06 oct 2019 . Actualizado ás 11:59 h.

O curso comezou onte para as cociñeiras de Ortigueira entre fogóns, unha iniciativa que partiu dun recetario editado para recadar fondos para as festas de Santa Marta, coa comisión de 2015 e 2016. E que se transformou nun taller, cunha cita mensual, o primeiro sábado (salvo que caia en festivo), entre outubro e xuño. As chefs orteganas renovaron onte as sesións no mercado municipal, cunha dobre proposta culinaria: cabaciñas recheas e torta de piña. «O formato é o mesmo de sempre, un prato e unha sobremesa, alguén que os prepare e degustalos entre todos», resume Amalia, unha das ideólogas deste proxecto. Para as próximas citas xa hai cociñeiro, con algunha sorpresa, coa colaboración de profesionais do sector. Os adultos pagan sete euros e os nenos, tres. Ademais de sortear pezas de cociña entre os asistentes, este curso estrean mandiles bordados co logotipo de Ortigueira entre fogóns. Ademais de saborear pratos sabrosísimos, quen se achegan ao taller aprenden receitas de cociña caseira nun magnífico ambiente. A primeira xornada do curso pechouna Hortensia, unha octoxenaria de Cariño, e a súa salsa de tomate.