Plans para esta fin de semana

La Voz FERROL

ORTIGUEIRA

ANGEL MANSO

Gastronomía Neda, festa veciñal en Ortigueira e música tradicional en Caranza

20 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Ortigueira

Xira do Veciño

Sábado • Illa de Mera • Os veciños de Ortigueira celebran un ano máis unha xornada de convivencia para estreitar lazos. Como en edicións anteriores o evento contará con animación musical e, aínda que se agarda que cada veciño leve a súa merenda, o concello colaborará repartindo algún «detalle gastronómico» entre os presentes.

Neda

Ruta do Petisco

A partir do venres • Neda • Un euro por petisco • Segundo fin de semana de celebración gastronómica en Neda, na que seis establecementos do municipio ofrecerán por 1 euro, os seus mellores petiscos para que os valoren. Cada asistente obterá unha cartilla que se lle cuñará por cada tapa que compre. Ademais de regalar unha camiseta conmemorativa a cada persoa que entregue unha cartilla completa, sortearanse, entre todos os asistentes, tres premios de 100 euros.

ANGEL MANSO

Caranza

Música tradicional

Sábado • Anfiteatro das Rosas • 19.00 horas • Concerto da banda de música tradicional Agarimos de Catabois. Se o tempo non permite facelo ao aire libre o evento celebrarase no centro cívico de Caranza.

marcos creo