Todos en marcha contra o cancro

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

M. RUBIÑOS

Decenas de persoas sumáronse á andaina solidaria organizada pola xunta local da AECC

19 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Ortigueira respondeu á chamada da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Decenas de persoas apuntáronse á marcha solidaria contra esta enfermidade, que tinguiu de verde a Alameda, como se pode ver na foto, e as rúas da vila.