A Banda de Gaitas de Barbude participa no festival de Ortigueira

La Voz

ORTIGUEIRA

Cedida

14 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Banda de Gaitas de Barbude pechará hoxe cunha última actuación a súa presenza no Festival Folk de Ortigueira. Trátase da primeira participación neste certame de gran prestixio internacional por parte da formación estradense. Xa tocou tanto o venres como onte sábado. A banda desprazou á localidade coruñesa a un total de vinte e nove músicos.