Un exconcelleiro do PP dálle a alcaldía a Muras

A. C. ORTIGUEIRA / LA VOZ

ORTIGUEIRA

LA VOZ

A abstención de Luis Miguel Pita Chento, de Primeiro Ortigueira, permite aos socialistas continuar no poder

16 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Teatro de Beneficencia volveu abarrotarse e a abstención dun exedil do PP, Luis Miguel Pita Chento, concelleiro electo de Primeiro Ortigueira (P. Orti), deulle de novo a alcaldía ao socialista Juan Penabad Muras, que perdeu unha acta respecto de 2015, cando logrou a maioría absoluta, a primeira da esquerda desde 1979. Os cinco edís do PP apoiaron ao seu candidato, Valentín Calvín, e a representante de CCD, Isabel Rego, que fai catro anos foi elixida polo PSOE, apoiouse a si mesma. Muras ofreceu diálogo «coa sociedade e coas outras forzas políticas» para solucionar os problemas. E o PP reprochou ás dúas formacións independentes «o seu apoio á parálise de Ortigueira».