«Xeometría en planta2», en Cásaa Museo María Pita, na Coruña.

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

CEDIDA

A artista astur, asentada en Ortigueira, expón ata o día 24 de marzo

18 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A artista astur asentada en Ortigueira Victoria Díaz Castañeira expón ata o 24 de marzo na cidade herculina. Nas obras da mostra de fotografía «Xeometría en planta2. Acadando o invisible», a autora déixase levar «para un mundo de liñas claras trazadas en calas e magnolias, e en gotas que se deslizan polas follas dunha profusa natureza». Todo, asevera, «desde un concepto xeométrico-científico e un desenvolvemento artístico-creativo».