Robótica para clausurar o Día da Muller e a Nena na Ciencia no IES

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

CEDIDA

A enxeñeira informática Roya Chang ofreceu unha charla aos alumnos de 1.º e 2.º de ESO

22 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

As actividades conmemorativas do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia finalizaron onte no IES de Ortigueira, cunha charla da enxeñeira informática Roya Chang, fundadora da empresa de robótica Flexbot. A relatora relatou a súa experiencia vital e profesional como muller traballadora e emprendedora, aos alumnos de 1.º e 2.º de ESO. Todo por iniciativa das profesoras do programa de robótica e programación.