Acaban os traballos de reparación da cuberta do pavillón municipal

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

CEDIDA

O custo das obras executadas nas instalacións foi de 44.499 euros

19 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os traballos do pavillón, cun custo de 44.499 euros, finalizaron, segundo informa o Concello. Coa reparación da cuberta e a substitución das baixantes preténdese acabar coas filtracións de auga e as humidades. Tamén se renovou a carpintería e os paneis de cerramento, entre outras obras.