Ortigueira ultima os distintos concursos de Entroido

a Voz ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

Ana Garcia

O Concello mantén aberto o prazo de inscrición

13 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Ortigueira repartirá máis de 4.000 euros nos diferentes concursos do Entroido. No de disfraces, previsto para o 2 de marzo, poderase participar nas categorías de parellas, tríos e grupos, ademais da individual. A inscrición está aberta ata fin de mes na oficina de turismo ou o teléfono 981 974 103. Volverá a xornada de doces e, como novidade, un certame de tapas.