En Ortigueira e de madeira, coa iconografía de «Star Wars»

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

CEDIDA

O alumnado e o profesorado de Carpintería do IES fabricaron unha carroza inspirada na saga de George Lucas

10 ene 2019 . Actualizado ás 17:44 h.

A creatividade e a iniciativa do alumnado e do profesorado do departamento de Carpintería do IES de Ortigueira volveu evidenciarse o pasado Nadal. Os estudantes fabricaron unha carroza para a cabalgata de Reyes inspirada na saga de «Star Wars». A iconografía sorprendeu a quen asistiron ao desfile, sobre todo aos seguidores de George Lucas.

O alcalde ortegano, Juan Penabad Muras, recibiu aos alumnos no consistorio para agradecerlles o traballo realizado e tamén invitou a Gabriela Alexandra Cabral Freitas e a Francisco Soengas González, terceiros no recente certame Galicia Skills, a asinar no libro de honra do Concello.

A popular frase «Que a forza de acompañe» non faltaba no singular deseño da carroza de «Star Wars».