Un xulgado de Viveiro poxa leiras de Ortigueira en pagamento dunha débeda de 2,33 millóns

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

ANGEL MANSO

Son catro leiras rústicas, valoradas en 228.425 euros cada unha, na parroquia de Barbos

09 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro poxa cinco leiras rústicas situadas na parroquia de Barbos, no municipio de Ortigueira, en reclamación dunha débeda de 2.332.810 euros. Trátase de cinco propiedades cun prezo de saída de 228.425 euros cada unha, segundo infórmase no portal de poxas da Axencia Estatal do Boletín Oficial do Estado, onde os interesados poden consultar os detalles da poxa.