Este sábado, día 24, no Teatro de Beneficencia
21 novs 2018 . Actualizado ás 12:28 h.Co gallo da celebración de Santa Cecilia, patroa da música, este sábado, día 24, celebrarase no Teatro de Beneficencia de Ortigueira o segundo Festival de Bandas Ricardo Salgueiro, que contará coa participación de Unión Musical de Allariz, o Ateneo Musical dá Pobra e a Banda de Música de Ortigueira. A iniciativa, organizada pola banda ortegana en colaboración coa Deputación, dará comezo ás sete e media con entrada gratuíta.