Ortigueira apoia o «non é non» contra a violencia sexista nas festas

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

CEDIDA

O Concello súmase á campaña promovida por FEGAMP, Xunta e Colexio Oficial de Psicoloxía

14 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

«Non é non». Este breve slogan resume o espírito da campaña De troula con sentido, promovida pola Federación Galega de Municipios e Provincias, a Xunta e o Colexio Oficial de Psicoloxía. O Concello de Ortigueira sumouse a esta iniciativa, que busca «sensibilizar para erradicar a violencia sexista das festas populares». Incide no respecto á hora de ligar, en que o consentimento baixo a influencia do alcol ou as drogas é nulo, e na necesaria igualdade nas relacións.