Neda acolle a próxima semana as súas primeiras Xornadas Micolóxicas

La Voz NEDA

NEDA

A Asociación Viriato guiará as actividades

14 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Asociación Viriato guiará as Xornadas Micolóxicas que organiza por primeira vez o Concello de Neda, impartindo cursos prácticos sobre os diferentes tipos de cogomelos e un percorrido pola canle do río Belelle. Desenvolveranse do 21 ao 23 deste mes e a administración local xa abriu a inscrición gratuíta para participar, chamando ao número de teléfono 981 390 233.