A imaxe da Virxe do Carmen de Neda xa está restaurada

La Voz

NEDA

cedida

A parroquia de San Nicolás acolle hoxe a celebración da Eucaristía ás 12.30 horas

16 jul 2020 . Actualizado ás 00:42 h.

A imaxe da Virxe do Carmen da igrexa de San Nicolás de Neda xa está completamente restaurada. Hoxe poderá contemplarse xa no templo, segundo anunciou onte o párroco, Ramón Antonio López Rodríguez. Hoxe celebrarase unha Eucaristía ás 12.30 horas. E a parroquia celebra hoxe, ademais, remarca o sacerdote, o aniversario da chegada a Neda da reliquia de San Nicolás, traída de Roma.