Rosalía, ao alcance dos nenos

La Voz NEDA

NEDA

BASILIO BELLO

A biblioteca da vila programa «A estrela de Rosalía»

19 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A biblioteca de Neda acolle hoxe, ás 18.30 horas, o espectáculo «A estrela de Rosalía», de Marisa Irimia, dedicado ao público de entre catro e once anos. A proposta combina poesía e narración para pór en valor a figura da autora.