Máis de 350 alumnos de Mugardos, Neda e Fene, no ciclo Cine e Saúde

LA VOZ FENE

NEDA

CEDIDA

A iniciativa, dos tres concellos e Sanidade, busca previr condutas adictivas

28 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Máis de 350 alumnos de Primaria de nove centros de Fene, Mugardos e Neda participan no programa Cine e Saúde, unha iniciativa que impulsan os tres concellos en colaboración coa Consellería de Sanidade. Esta iniciativa forma parte do proxecto de prevención de condutas adictivas e promoción da saúde da Xunta.