O Concello de Narón asina convenio con tres entidades sociais

Andrea Lago FERROL / LA VOZ

NARÓN

Manián Ferreiro, alcaldesa del Concello de Narón.
Manián Ferreiro, alcaldesa do Concello de Narón. JOSE PARDO

A contía económica axudará ao desenvolvemento de novas actividades

13 ago 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

A alcaldesa de Narón , Marián Ferreiro, asinou convenios con tres entidades sociais da zona, por un importe conxunto de 24.100 euros. A primeira beneficiada é a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra. O acordo posibilita a utilización do servizo de intérprete de lingua de signos ou os cursos de formación, entre outros. Tamén a entidade Nosa Señora de Chamorro poderá desenvolver así o proxecto FADAS 2022 de Formación e Apoio ao Desenvolvemento Afectivo Sexual. Para rematar, está a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, a cal poderá continuar co seu programa Vacacións en Paz, proxecto de acollida temporal en familias da localidade.

A alcaldesa destacou o importante labor que desempeñan estas entidades con aquelas persoas que requiren atencións moi específicas e coas súas familias.