Mural pola igualdade

NARÓN

CEDIDA

Gañadores do certame convocado polo Concello de Narón

02 dic 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Marcos Díaz, Raúl Díaz, Manuela López, Estela Gulías, Yaiza Amenedo e Elías Fontao, alumnos de terceiro do IES Terra de Trasancos son os gañadores do premio do Concurso de Imaxes Pola Igualdade para escolares: violencia machista e as redes sociais, convocado polo concello de Narón. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e as edís de Igualdade, Mar Gómez, e Ensino, Mercedes Taibo, entregaron os premios e o deseño realizado polos estudantes foi pintado na Praza da Igualdade, inaugurada a pasada semana co gallo de os actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, no que tamén se enmarcou a convocatoria deste concurso. A alcaldesa do municipio, Marián Ferreiro, felicitoulles polo traballo realizado e avanzoulles que tamén se pintará un mural co seu deseño no IES Terra de Trasancos.