O recinto do Trece acollerá un mercado de segunda man esta ponte

La Voz FERROL

NARÓN

CÉSAR TOIMIL

O feirón terá lugar os días 4 e 5 de decembro

02 dic 2021 . Actualizado ás 12:36 h.

O Trece acollerá unha nova edición do Mercado de Segunda Man os días 4 e 5 de decembro. O feirón contará con máis sesenta expositores e a oferta abarca desde zapatos ata xoguetes, pasando por roupa, mobles ou complementos do fogar.