Narón reforzará o control para evitar roubos de cable

La Voz NARÓN

NARÓN

CEDIDA

Reunión de traballo co comisario da Policía Nacional

23 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Representantes do organigrama municipal de Narón mantiveron onte un encontro co comisario da Policía Nacional para abordar varios «asuntos de interese», en canto a seguridade, no municipio.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, explicou tras a reunión que analizaron diferentes temas como os recentes roubos de cableado. De feito, a rexedora avanzou que se reforzará o control para evitar que se repitan: «Nos últimos meses levamos sufrindo este tipo de actos que xeran importantes danos na cidade, non só a nivel económico senón tamén no que respecta ao subministro naquelas zonas nas que se levan a cabo os roubos». Tamén se puxo sobre a mesa a problemática do tráfico de drogas en puntos do municipio e o lecer nocturno na zona da Estrada de Castela, principalmente por «a importancia de que se respecten todas as medidas en vigor e se cumpra a normativa».

Ferreiro agradeceu a «disposición» do comisario e o seu equipo e valorou positivamente o encontro, ao que tamén asistiron o xefe da Policía Local, Eduardo Pita; o inspector-xefe da brigada local da Policía Xudicial, Salvador Campoy, e a inspectora, xefa da brigada local de Seguridade Cidadá, Guadalupe Lorenzo. «Continuaremos traballando conxuntamente para ofrecer as máximas garantías de seguridade», subliñou a rexedora.