Licitadas as obras para acondicionar o local social do barrio do Alto

La Voz NARÓN

NARÓN

JOSE PARDO

O inmoble ten unha superficie de 298 metros cadrados

19 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Narón licitou a contratación da obra de acondicionamento do local social municipal do barrio do Alto cun importe de case 253.000 euros.

O inmoble, situado na rúa Rosal, ten unha superficie construída de 298 metros cadrados, que acollerán diferentes espazos. Segundo informou o Concello, unha sala multidisciplinar ocupará 105 metros cadrados; a cafetería, 52; unha sala de almacén será de 36 metros cadrados e outra de 13; oficina de 9 metros cadrados, ambigú de 13 e outros habitáculos máis pequenos nos que se instalarán aseos e cuartos de servizo.