Reaberto ao público o comedor social das casas da Marina de Narón

La Voz NARÓN

NARÓN

JOSÉ PARDO

O prezo é de 6,55 euros por día

03 sep 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Narón reabriu esta semana ao público as instalacións do Centro Comunitario das vivendas da Marina , que se manterá operativo desde as 9.30 ata as 21 horas para o servizo de cafetería e de 13 a 15 horas para o de comedor social.

A concelleira de Benestar Social, Catalina García, lembrou que, aínda que o servizo de cafetería permaneceu pechado polo covid-19, o de comedor continuouse prestando desde o inicio da pandemia -excepto durante unha semana- coa entrega de comidas a domicilio ou a recollida no propio centro.

Unha trintena de persoas fan uso do servizo de comedor, que inclúe dous pratos, sobremesa e pan por un prezo de 6,55 euros por día adquirir todos os días da semana ou de 7,15 no caso de solicitalo en xornadas soltas.

Información e rexistro, no número de teléfono 671 383 596.