A Deputación ampliará o local social de San Mateo

c.cartelle / a.ou. NARÓN / LA VOZ

NARÓN

CEDIDA

O proxecto conta cun orzamento que ascende aos 100.488 euros

01 sep 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Deputación da Coruña financia, a través do Plan Único, a ampliación do local social de San Mateo, no Concello de Narón, como resposta ás demandas da agrupación veciñal que fai uso deste espazo.

Co obxectivo de dotar ao local social de San Mateo de maior superficie, ampliaranse 200 metros cadrados o recinto para mellorar a calidade e a oferta de actividades desenvolvidas no inmoble.

Este proxecto, que se atopa actualmente en proceso de licitación na Plataforma de Contratación do Estado, conta cun orzamento de 100.488 euros, dos que a Deputación achega 88.317. Nesta liña, o prazo para a presentación de ofertas no perfil do contratante municipal rematará o vindeiro venres 17 de setembro.