Narón asina convenios de colaboración con Cofer e AEF

La Voz NARÓN / LA VOZ

NARÓN

Concello San Sadurniño

04 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde en funcións, Guillermo Sánchez Fojo, e os representantes de Cofer, Cristóbal Dobarro, e de AEF, Anxo Torreiro, asinaban a pasada mañá os acordos de colaboración entre as tres institucións por un importe que ascende aos 18.000 euros. O obxectivo, segundo o Fojo, é «para seguir apostando pola implantación de novas empresas en Narón e tamén por ofrecerlles ás que están operativas actividades e servizos de calidade».

Sánchez Fojo sinalou o importante labor destas asociacións, así como a intención por parte do Concello de continuar apoiándoas. O acordo materializarase en actividades e actuacións para impulsar e fomentar a actividade empresarial en Narón. Especialmente centradas nos efectos do covid, levarán a cabo iniciativas que contribúan a dinamizar a economía e a cultura empresarial da comarca.