Unha veciña de Narón tivo que ser atendida por inhalar fume en un incendio no seu piso

LA VOZ NARÓN

NARÓN

SPEIS NARÓN

O lume afectou á cociña da vivenda, na avenida de Santa Icía, pasadas as nove e media da tarde de onte

24 jul 2021 . Actualizado ás 15:24 h.

A propietaria do piso no que se rexistrou un incendio esta noite tivo que ser trasladada a un centro sanitario, nunha ambulancia do 061, debido á inhalación de fume. O lume afectou á cociña dunha vivenda dun edificio da avenida de Santa Icía. O centro de urxencias do 112 alertou aos bombeiros de Narón ás 21.44 horas.

Cando os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) chegaron a lugar, os veciños estaban a tratar de apagar o lume cun extintor. Aínda quedaban puntos quentes, que os bombeiros se ocuparon de arrefriar. Tamén realizaron unha medición de gases no resto dos pisos, debido á cantidade de fume xerado polo incendio, para garantir a seguridade dos veciños do inmoble.

Ao lugar do incidente achegáronse, ademais, axentes da Policía Local de Narón. A intervención finalizou sobre as once da noite, segundo informan o Concello.