Nove denuncias por non levar máscara e cinco por consumo de alcol, esta noite en Narón

A. F. C. NARÓN

NARÓN

CÉSAR TOIMIL

A Policía Local localizou a varios grupos de xente en zonas públicas pasada a hora de peche dos negocios hostaleiros

27 sep 2020 . Actualizado ás 11:37 h.

A Policía Local de Narón denunciou a nove persoas por non levar máscara e a outras cinco por consumir alcol en espazos públicos, durante a noite do sábado. Os infractores atopábanse en zonas de aparcadoiro e puntos apartados como a contorna da escola infantil de Xuvia. Son lugares onde adoitan reunirse unha vez que pechan os establecementos hostaleiros, á unha da noite.

Os axentes manteñen a vixilancia destes puntos para evitar que se produzan concentracións de xente, unha vez que verificaron que os locais respectan o horario de clausura. Tamén é habitual que as cuadrillas se xunten en soportais, pisos e ao redor das máquinas expendedoras operativas durante 24 horas.

A sanción por non levar máscara é de 60 euros. O seu uso é obrigatorio en calquera espazo público.