Unha saída de vía sen feridos na estrada FE-11, en Narón

LA VOZ NARÓN

NARÓN

SPEIS NARÓN

Policía Local, SPEIS e ambulancia acudiron ao lugar do accidente

26 sep 2020 . Actualizado ás 18:09 h.

Un coche saíuse da vía esta tarde na estrada FE-11, que vai desde o viario de Xuvia ata o polígono da Gándara, en Narón. A condutora sufriu algún golpe ao activarse o airbag do vehículo, pero non precisou asistencia sanitaria. A ambulancia achegouse ata o lugar do accidente, que atenderon os axentes da Policía Local.

O automóbil quedou perpendicular á vía, en dirección ao polígono, ocupando parte do carril dereito. Os profesionais do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) sinalizaron a zona e cortaron o carril dereito á circulación. Limparon un pequeno vertido de combustible sobre a calzada e retiraron os fragmentos do turismo que se desprenderon.