O Carferlo celebra a súa volta a Viveiro cun triunfo de prestixio ante o Narón

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

NARÓN

PEPA LOSADA

O Macrocopia Celtas de Foz non puido co líder invicto

18 ene 2020 . Actualizado ás 21:57 h.

O Carferlo celebrou ao grande o seu regreso ao Municipal de Viveiro despois do cambio de parqué. O equipo de Carlos Novo métese de cheo na pelexa por estar entre os catro primeiros despois de derrotar ao Baloncesto Narón por 58-52.

A boa marcha do segundo clasificado en Primeira chocou de fronte co entusiasmo do equipo mariñán, que perdía 25-28 ao descanso, pero tomou o mando no terceiro cuarto e completou un trabajadísimo triunfo baseado no traballo coral de todo o equipo.

Polo Carferlo xogaron e anotaron: Roberto (4), Pepe (8), Fabián Castro (2), Pablo Martínez (16), Félix Ferro (9), Sebas (2), Luis Fernández (17) e Diobis.

O líder abusa do Celtas

O outro representante mariñán en Primeira, o Macrocopia Celtas de Foz caeu con claridade 54-81 ante o infalible líder San Felipe . Ao descanso as diferenzas xa eran moi claras (24-47). Xogaron e anotaron: Jorge (4), Johanny (2), Suárez (10), Brais (9), Beto (16), Lanzós e Anxo Cao (13).