Narón volverá lembrar ás vítimas do Holocausto

La Voz NARÓN

NARÓN

cedida

Os actos arrincan o luns 20 coa inauguración dunha exposición

18 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Narón volverá conmemorar este mes, da man da Asociación Memoria Histórica Democrática, o día internacional en memoria das vítimas do Holocausto. Os actos arrincarán o luns coa inauguración da exposición Galegos de Mauthausen na Biblioteca municipal e unha semana despois o tradicional acendido no salón de plenos de velas en recordo dos asasinados. Ademais programarase unha conferencia para escolares.