Alumnos concienciados

NARÓN

CEDIDA

No colexio naronés da Solaina

18 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Esta semana chegou ao colexio A Solaina de Narón a súa campaña de promoción da doazón de órganos e hábitos saudables de vida que esta levando a cabo a delegación ferrolá de Alcer, a asociación de Loita contra as enfermidades renais. A traballadora social Ángela Breijo, impartiu unha charla ao alumnado de sexto de primaria. Xunto a ela acudiu un voluntario da entidade, José Antonio Vázquez, quen padece enfermidade renal e recibiu un transplante hai agora 28 anos. Nesta actividade participaron un total de 44 alumnos aos que se lles contou a historia real de Iria, unha persoa que padece Enfermidade Renal Crónica desde os 8 anos. A través desta historia, Ángela e José Antonio explicaron que é a enfermidade renal, os tipos de tratamentos renais sustitutivos e como afecta o proxecto de vida dunha persoa menor de idade este tipo de enfermidade. O alumnado participa de forma moi activa contestando as preguntas que se van expondo ao longo da sesión ao mesmo tempo que teñen o seu espazo para consultar as súas dúbidas.