Trasladan ao Marcide a un veciño de Narón por inhalación de fume ao arder un lavalouzas na súa vivenda

La Voz FERROL

NARÓN

GOOGLE

O suceso ocorreu de madrugada no Alto

15 ene 2020 . Actualizado ás 10:15 h.

Un veciño dun inmoble situado no Camiño do Pino (O Alto), en Narón, foi trasladado esta madrugada ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol por mor dun incendio declarado no interior do domicilio.

Segundo informa a central de urxencias 112, o suceso ocorreu pasadas as cinco da mañá e debeuse á combustión dun electrodoméstico, concretamente un lavalouzas, que xerou unha densa fumareda na vivenda. O veciño afectado recibiu asistencia sanitaria por inhalación de fume.

Os bombeiros comprobaron á súa chegada que as chamas xa foran sufocadas polos particulares co uso dun extintor.