Liga de Golf en Narón

NARÓN

CEDIDA

As instalacións de Campomar acolleron a competición en parellas Artelac

15 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

As instalacións do Club de Golf Campomar no Val (Narón) acolleron o pasado venres e sábado a terceira xornada da liga de parellas Artelac na modalidade de Copa Canadá. O triunfo nesta competición adxudicoullo a parella formada por Ramón Valenciano e Manel Piñeiro. Pipo Romero e José Manuel Pita foron segundos, mentres que José Galdo e Juan Sousa situáronse en terceira posición, na que foi a última xornada da liga regular antes de dar paso aos play off. Tras a disputa das tres xornadas de liga, esta primeira fase quedou liderada pola parella formada por Luis Soto e José María Fantova, sendo segundos Pipo Romero e José Manuel Pita, e terceiros, Ramón Valenciano e Manel Piñeiro. A partir deste fin# de semana disputar os cuartos de final na que participarán as 8 parellas mellor clasificadas da liga. Sorte a todos.