Unha novela sobre as segundas oportunidades

La Voz FERROL

NARÓN

Anxo Loureiro presentou «O mundo cego» no campus de Esteiro

05 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O profesor Anxo Loureiro (Sedes, Narón, 1948), toda unha eminencia nos Estados Unidos, onde durante décadas exerceu a docencia como catedrático de Literatura Cultura e Literatura Española na prestixiosa Universidade de Princeton, visitou o campus o pasado martes para presentar a súa primeiro novela, O mundo cego, que sae á luz baixo o selo da editorial Pálido Lume. Segundo explica o autor, trátase dunha «novela de camiño» na que dúas amigas comparten unha viaxe no que descobren que a vida sempre pode dar segundas oportunidades.