NHD Adventure concienciará en Narón sobre condutas incívicas e o seu efecto ambiental

La Voz NARÓN

NARÓN

cedida

Promove unhas xornadas hoxe no Alto

05 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Concienciar sobre os efectos ambientais de condutas incívicas é o obxectivo dunhas xornadas que desenvolve o club NHD Adventure coa colaboración do Concello de Narón.

Participarán na convocatoria representantes de Adega, o Seprona e un técnico da asociación cultural Os Picos do Sol. Durante a xornada tratarase de concienciar e sensibilizar ao público sobre o grave problema derivado de condutas incívicas, en concreto, debido ás empresas ou particulares que depositan cascallos ou outro tipo de residuos en camiños, pistas rurais ou leiras e que derivan en vertedoiros incontrolados. O concelleiro de Medio Ambiente naronés, Santiago Galego, lembrou que Narón dispón de instalacións necesarias, servizo de recollida de aveños ou un Punto Limpo para depositar diferentes tipos de residuos. Impartiranse hoxe no centro cívico social do Alto ás 19.00 horas e a entrada é libre ata un máximo de sesenta prazas.

A maiores, os días 14 e 22 desenvolveranse outras dúas xornadas para percorrer en todo terreos camiños ou pistas ás que non acceden os camións do lixo e recollela.