Gran despregamento de medios por un incendio nunha vivenda de Narón

NARÓN

C.L.

A dona do piso resultou con queimaduras de carácter leve ao sufocar as chamas que comezaron nunha tixola e propagáronse á campá extractora

03 dic 2019 . Actualizado ás 15:35 h.

Un incendio rexistrado sobre as dúas da tarde nunha vivenda de Narón motivou un gran despregamento dos bombeiros municipais que acudiron ao lugar dos feitos con tres vehículos, aos que se sumaron dous da Policía Local e un coche patrulla da Policía Nacional. Ocorreu nun segundo piso do número 51 da rúa Reyes Católicos, no barrio da Solaina.

O lume iniciouse nunha tixola e despois propagouse á campá extractora. A dona da vivenda logrou sufocalo cun extintor, pero no proceso resultou con queimaduras de carácter leve.

Os equipos de urxencias comprobaron que a situación estaba controlada e procederon á ventilación do inmoble.