O Concello instalará un novo sumidoiro na zona para desviar as augas a un pozo diferente

chema curral

NARÓN

17 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde o Concello aseguran que o día en que se produciu a última inundación -o pasado martes- foi «a xornada que máis auga se rexistrou en Narón desde que se instalaron os colectores». Uns 72 litros por metro cadrado, segundo Acuaes. Persoal de Cosma atendeu esta e outras incidencias de todo o municipio e ao día seguinte buscouse unha solución ao problema do edificio.

Nesta liña, apuntan desde o executivo que se lles explicou aos residentes que se instalará un novo sumidoiro na zona «para intentar levar a auga a outro pozo que non sexa o que entra en carga días de choiva torrencial». E anotan que, con anterioridade, déronlle pendente á beirarrúa.