Narón fomenta a socialización dos nenos en lingua galega

LA VOZ NARÓN

NARÓN

CEDIDA

O Concello programa varias actividades dentro do programa Apego

17 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O espectáculo As cores, de Lidia Pena, o venres en San Xiao, é a primeira das actividades previstas polo Concello de Narón dentro do programa Apego, que busca a socialización dos nenos en lingua galega. As sesións de contacontos seguirán o 25, con Musicreques, no Val; e o 22 de novembro, con Raquel Queizás, no Couto. Para acudir é necesario inscribirse, a través do correo a.pita\naron.é, achegando teléfono de contacto e datos do menor e o seu acompañante.